Martes, 24 de Outubro de 2006

Imagen


Despois dunha longa espera, e de que Microsoft se adiantase co lanzamento do seu IExplorer 7, a fundación Mozilla estrea hoxe, 24 de Outubro, a súa nova versión do explorador que está a facer tambalear o reino de Gates, o Firefox 2.0.

Moitas son as novidades que poderedes atopar no novo navegador. Podédelas consultar dentro deste artigo.
O único aspecto negativo é que o galego aínda brila pola súa ausencia. Non acontece o mesmo co Basco e co Catalán, aínda que coñecendo a capacidade da comunidade Mozilla, pouco tardarán en nos ofrecer o software na nosa lingua. Microsoft aínda non oferta o español co seu novo explorer.

DDC vos ofrece, e só durante esta semana, a posibilidade de descargar o novo explorador Mozilla Firefox 2.0.

Por se fallase o enlace ou a velocidade non fora a axeitada, tamén vos ofrecemos o enlace de descarga dende a súa web.
A que esperades?? Verdadeiramente recomendábel!!


Descarga Firefox 2.0 dende DDC-Detrás do Colexio
Descarga FireFox 2.0 dende Mozilla



Melloras

A nivel técnico ambos chegan con importantes melloras. Fai unha semana anunciábase que o Explorer, que aínda retén ao 86% dos usuarios, melloraba a súa navegación por pestanas e as procuras integradas, ao mesmo tempo que trataba de liquidar os fallos polos que foi máis criticado, en especial a seguridade. Así mesmo, incorpora medidas concretas para evitar a fraude en Internet e un corrector ortográfico.

A versión final de FireFox 2.0 conta con importantes melloras no aspecto da interfaz gráfica, que inclúe un cambio dos botóns da barra de ferramentas, na posibilidade de editar os motores de procura ou na de contar cun sistema que permite reabrir unha sesión anterior, coas páxinas que estaban abertas no momento en que se pechou. Do mesmo xeito ofrece ao usuario un sistema moi práctico e cómodo como é que cada pestana conte cun botón de peche propio.

Do mesmo xeito que o Explorer, incorpora un corrector ortográfico, algo que desaparecera nas últimas versións, e un sistema de protección anti-phising.

Mentres Mozilla invita a todos aqueles que o desexen a sumarse a unha festa internacional que se levará a cabo o día 27 en varias cidades de todo o mundo -coa que se pretende celebrar a chegada da segunda xeración da súa navegador- a súa maquinaria pesada non se frea. Os seus directivos invitan aos mozilleros a suxerir melloras para o Firefox 3.

Microsoft/Mozilla, Explorer/Firefox. A guerra está servida.

Publicado por Karlinhos @ 11:43  | Tecnoloxía
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios