

A Mellor liga do Mundo e a Copa da UEFA só por ...... 140 € !!!!!
O Celtismo tivo unha nova cita, onte no parque de Castrelos, onde máis de 2000 incondicionais desafiaron unha calor inhumana para recontrarse cos seus ídolos e coñecer as novidades que haberá na Casa Celta na vindeira temporada, a do regreso a Europa.
Un espectáculo vanguardista, nunca visto polos nosos siareiros, valeu de presentación para a nova campaña de aboados, que presenta reducción dos xa económicos prezos de ata un 20 %, ademáis da creación dunha bancada "xove", e a ampliación do carné xove até os 26 anos.
Ademáis se presentaron as novas equipacións do equipo. Unha segunda camisola cor mandarina que sorprendeu a todos os afeccionados, e a equipación da UEFA, que contará con pantalón celeste, como no ano da Champions.
O presidente anunciou, seis ou sete fichaxes máis.
Fotos: celtavigo.net
DDC: Carlos Nodar