Mércoles, 31 de Maio de 2006


Estamos probando a ver como vai isto.
[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 13:41
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 30 de Maio de 2006

Imagen

+INFO: www.todocelta.cjb.net
Segundo "La Voz de Galicia", o Celta mudou de opinión nas últimas horas respecto á renovación de Gustavo López. Despois dunha reunión do presidente con Félix Carnero e FV , parece que o ídolo local ten serias posibilidades de permanecer no clube a vindeira, ou as dúas próximas temporadas. O informe positivo da secretaría técnica, a marcha de Silva, e o feito de xogar tres competicións o ano que ven parecen ser os motivos para este cambio de opinión no clube.
Esta nova aínda non é oficial, é de feito, noutros xornais da cidade coméntase todo o contrario, aínda que semella que a teoría de "La Voz" ten moitas trazas de se converter nunha realidade.

Por outro lado, 30.000€ separan a Guayre do Celta, a renovación de Ángel e Sergio están case feitas, e Mendez pediu a carta de liberdade a Mouriño.

[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 11:40  | Detrás do Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Sábado, 27 de Maio de 2006
Dende Xetafe para DDC
[...]
Segue lendo ....
Publicado por IaguinhoGZ @ 18:11  | Jesulinho
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 22 de Maio de 2006



Esta sí que era unha granxa de verdade. Adicado a todos os que nos criamos co Xabarín .... ¿pero que ghallo é é ?
[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 13:12  | Varios
Comentarios (1)  | Enviar
Domingo, 21 de Maio de 2006
Chega algo tarde pero nunca é tarde se a dicha é boa...juasjuas

Ahí estiven eu!!!! MENOS ROBINHO E MAIS ALBARIÑO!!!!

[...]
Segue lendo ....
Publicado por IaguinhoGZ @ 0:00  | Jesulinho
Comentarios (0)  | Enviar
Sábado, 20 de Maio de 2006
Ya que en su día pusimos un vídeo acerca de los Simpsons en la vida real no íbamos a ser menos con este otro vídeo.

[...]
Segue lendo ....
Publicado por pablukas @ 16:14  | Pablukas
Comentarios (0)  | Enviar
Despois do gran susto de onte, berrar con todas as operadoras de Wanadoo, e probar decenas de programas clientes de ftp, semella k conseguimos arranxar os nosos problemas co servidor de Wanadoo.

Agora xa podemos consultar correctamente todala [...]
Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 13:06  | DDC
Comentarios (0)  | Enviar
Como seguramente xa teredes comprobado, DDC - Detrás do Colexio está a sufrir serios problemas técnicos álleos á nosa vontade e responsabilidade. De feito, moitos dos nosos contidos non se poden cargar, sobre todo imaxes, álbumes de fotos e videos (non os de youtube).
O servidor de wanadoo onde están aloxados os nosos contidos dende o inicio da nosa web, en febreiro do 2004 non nos permite acceder ao mesmo, e incluso da sintomas de atoparse baleiro neste momento.
Por iso en DDC, tememos ter perdido os nosos datos (seccións, videos, fotos, etc...) dun xeito irreversíbel.

De tódolos xeitos, DDC vai seguir traballando co fin de reestablecer , se é posíbel, a nosa web ao 100 %.

Pedímosvos milleiros de desculpas e ofrecemos aos nosos visitantes o compromiso de facer todo o que estea ao noso alcance para que DDC estea plenamente operativa no menor periodo de tempo.

De novo, desculpas e grazas pola vosa paciencia.
Un saúdo, Carlos Nodar.

[...]
Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 0:15  | DDC
Comentarios (0)  | Enviar
Venres, 19 de Maio de 2006
O de "El Koala" cada día ten máis pinta de se converter nunha plaga.
La Sexta, posuidora dos dereitos do mundial, encargoulle unha versión de Opá para promocionar o evento.
Ten a súa coña, por iso vola deixo para que a descarguedes e a escoitedes.

DESCARGA "OPÁ AMO A POR EL MUNDIÁ"

Por certo, dende onte, La Sexta xa emite en analóxico para Vigo, a través da canle 50 de UHF, aínda que emite dende Lavadores, polo que dubido moito que a poidades sintonizar. Eu só podo cunha antena de cornos xDD

[...]
Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 13:10  | Varios
Comentarios (1)  | Enviar
Xoves, 18 de Maio de 2006

Imagen
Carlos Mouriño, novo presidente do Celta, fixo a súa chegada á sede de Praza de España contra as oito da tarde para inaugurar un novo ciclo en casa Celta.
Horacio Gómez deixa o Celta 11 anos despois de exercer coma presidente. Na súa andaina como máximo mandatario do clube, o Celta acadou os seus maiores éxitos deportivos da historia. Colleu un clube cun pé na segunda B por unha ameaza de descenso administrativo, e pouco despois clasificouse para a UEFA tras case tres décadas de ausencia.
Horacio deixa ao Celta cunha débeda das máis baixas da primeira división e co equipo clasificado para xogar de novo competición europea.
Podemos falar de FonteCelta, de Regina Viarum, das viñas, do PP, pero coido que hoxe toca falar de éxitos, e iso, a Horacio, non se lle pode negar. Mágoa que non cumprise o seu soño de conseguir un novo estadio para Vigo e para o Celta.
Así a todo, Horacio, Grazas.
Esperemos que nos deixes a Mouriño ben ensinado.
[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 22:19  | Detrás do Celta
Comentarios (1)  | Enviar

Imagen
DREAM TEAM II

[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 13:04  | Fútbol
Comentarios (2)  | Enviar
Mércoles, 17 de Maio de 2006
Martes, 16 de Maio de 2006
Non todo van ser boas novas para DETRASDOCOLEXIO. A nova comunidade de FOROS inaugurada hai apenas 5 meses, caese dos servizos que oferta a nosa web aos seus visitantes, por mor da súa inactividade. Miarroba.com, empresa que nos facilita este servizo, optou por borralo da súa base de datos por non cumprir os requisitos mínimos de actividade.
Quizáis o éxito do noso FALACONNÓS como forma de comunicación en DDC foi un dos motivos para que o noso foro desaparecese.
Polo momento DDC, non ten pláns para recuperar este servizo, a non ser que as nosas 8.000 visitas mensuais nos esixan o contrario.
Un saúdo.
Carlos Nodar.
[...]
Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 16:23  | DDC
Comentarios (0)  | Enviar


O pasado sábado, o Celta completou unha excelente temporada festexando a súa clasificación para a copa da UEFA. O partido foi o de menos, pero foron unhas horas especialmente emotivas , marcadas totalmente pola posíbel despedida do deus local, Gustavo López, a despedida de un xogador mítico deste clube como Juanito Sanchez ou a homenaxe a Everton Giovanella entre outros.

Aquí vos deixo un video coa chegada dos xogadores á Praza América e o festón que alí se celebrou.

O RESUMO DO ENCONTRO CELTA-XETAFE NO INTERIOR DO ARTIGO

[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 16:19  | Detrás do Celta
Comentarios (0)  | Enviar

Ao longo de 6 dias, a cidade de Vigo viviu momentos convulsos e violentos por mor da folga do sector de metal que movilizou durante eses días a máis de 24000 persoas polas rúas da nosa cidade.
Dende DDC queremos apoiar a este sector tan importante para a nosa cidade e mostras aos seus visitantes á crúeza coa que se viviu este conflicto nas nosas rúas.
O video non é de moi boa calidade pero merece a pena.



[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 16:13  | Galiza
Comentarios (0)  | Enviar
Xoves, 11 de Maio de 2006
Aquí os dejo un vídeo con su comentario correspondiente por gentileza de Pepo que parece que pide a gritos un hueco en la página, ehhhh Karlinhos.
Supongo que todos conocéis la zona donde hacemos botellón en el náutico, pues justo enfrente hay una zona cubierta donde la gente hace botellón.Allí hay una especie de charca donde la gente mea, vomita, rompe botellllas y demás.Pues bien, el vídeo ke os ofrezco a continuación tiene lugar en esa charca y lo protagoniza un colgao que algunos conocéis ,que va de vez en cuando por eskalera y ke estuvo en marcote en clase con lucas y conmigo.
Ver el vídeo y sorprendeos de hasta donde puede llegar la gilipoyez humana mezclada con el alcohol y según parece un poco de md. disfrutarlo jajaja
El protagonista de este vídeo sufrió serios cortes en el cuerpo por lo que os aconsejo que no protagonizen estos actos a no ser en presencia de un adulto o de un anestesiante (md no vale).



[...]
Segue lendo ....
Publicado por pablukas @ 14:37  | Pablukas
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen

O Celta volve a Europa, e este sábado toca celebralo. Dende as 6 da tarde comezarán os actos en Balaídos.
E despois do partido, a festa trasládase á Praza América onde nos esperará un escenario móvil ao que pouco máis tarde chegarán os xogadores do Celta subidos ao típico autobus descuberto.
Haberá música dance como o ano pasado, pero a presenza de Antón, mítico speaker de Balaídos fainos esperar que poidamos cantar e berrar, non como na celebración do ascenso. De feito está previsto a presenza do grupo A Roda que interpretarán o Himno e máis a Rianxeira. Todo isto con fogos artificiais de fondo.

A festa promete, a ocasión mereceo. Eu non faltarei.

[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 2:58  | Detrás do Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 08 de Maio de 2006

Imagen

PODES VER OS GOLES DO REAL - CELTA DENTRO DO ARTIGO

O Celta certificou de xeito matemático a súa clasificación para a vindeira edición da copa da UEFA, tan só dous anos despois da súa derradeira participación en competición continental e cun descenso de categoría no medio.
O empate fronte á Real e a derrota do Corunha fixo que o Celta se despedíse matemáticamente das posibilidades de Champions, pero ao mesmo tempo conseguiu algo impensábel hai un ano, volver a Europa no ano do ascenso.

Hoxe temos que homenaxear ao grupo de futbolistas que fixeron posíbel este éxito, ao seu adestrador, Fernando Vazquez, por facer un traballo incuestionábel durante estes dous últimos anos, e a unha directiva que fixo que o seu Celta sexa o mellor da historia. Unha homenaxe a Félix Carnero, o auténtico artífice deste e doutros Celtas, e ao que pon os cartos, a Horacio.

[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 18:00  | Detrás do Celta
Comentarios (0)  | Enviar

Imagen

O Barça proclamouse campión de Liga 2005/06 no estadio de Balaídos, afastando aos célticos da champions.
Despois de vencer tamén ao Espanyol, 1.200.000 congregáronse nas rúas de Barcelona para celebrar o segundo título consecutivo.
¿Quen dixo que este ano só importaba a champions??
O 17, vémonos en París.


RebotadoRebotadoRebotadoRebotadoRebotadoRebotadoRebotadoRebotado

[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 17:43  | Fútbol
Comentarios (0)  | Enviar
Martes, 02 de Maio de 2006

Imagen

O mellor equipo do mundo contra a sensación da liga. O aspirante ao Zamora fronte ao aspirante ao Pichichi. A mellor defensa da liga fronte ao mellor ataque. Todos estes alicientes vanse ver as caras este mércores noite no templo do fútbol galego. O Barça pode gañar a Liga en Vigo, fronte a uns 25000 espectadores e máis de 500 xornalistas. Pero o Celta, nun momento de forma e anímico sensacional vai facer todo o posíbel para que os culés non gañen, e achegarse aínda máis se cabe á Champions.
Este mércores, o espectáculo está garantido.

[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 13:12  | Detrás do Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Luns, 01 de Maio de 2006

Imagen

Se fose o mundial de Fórmula 1, iso chamaríase un adelantamiento polo interior. Celta e Deportivo cruzaron as súas tendencias en Riazor, que valeu como marco para escenificar a pasada dun equipo en crecemento a outro que segue languidenciendo e que pide a berros unha renovación en profundiad. O Celta gañou como sempre, facendo que o que xa viu outros partidos do equipo séntase comodísimo a partir do primeiro gol. A suficiencia coa que manexa o marcador, os espazos e as contras de Perera empeza a ser insultante. En Riazor volveuse a cumprir a máxima: cando o Celta impón o seu escenario, é case imposible de bater. O ano que vén terá que demostralo en europa.

[...]


Segue lendo ....
Publicado por Karlinhos @ 13:50  | Detrás do Celta
Comentarios (2)  | Enviar