Martes, 30 de Maio de 2006

Imagen

+INFO: www.todocelta.cjb.net
Segundo "La Voz de Galicia", o Celta mudou de opinión nas últimas horas respecto á renovación de Gustavo López. Despois dunha reunión do presidente con Félix Carnero e FV , parece que o ídolo local ten serias posibilidades de permanecer no clube a vindeira, ou as dúas próximas temporadas. O informe positivo da secretaría técnica, a marcha de Silva, e o feito de xogar tres competicións o ano que ven parecen ser os motivos para este cambio de opinión no clube.
Esta nova aínda non é oficial, é de feito, noutros xornais da cidade coméntase todo o contrario, aínda que semella que a teoría de "La Voz" ten moitas trazas de se converter nunha realidade.

Por outro lado, 30.000€ separan a Guayre do Celta, a renovación de Ángel e Sergio están case feitas, e Mendez pediu a carta de liberdade a Mouriño.


Publicado por Karlinhos @ 11:40  | Detrás do Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios