Como seguramente xa teredes comprobado, DDC - Detrás do Colexio está a sufrir serios problemas técnicos álleos á nosa vontade e responsabilidade. De feito, moitos dos nosos contidos non se poden cargar, sobre todo imaxes, álbumes de fotos e videos (non os de youtube).
O servidor de wanadoo onde están aloxados os nosos contidos dende o inicio da nosa web, en febreiro do 2004 non nos permite acceder ao mesmo, e incluso da sintomas de atoparse baleiro neste momento.
Por iso en DDC, tememos ter perdido os nosos datos (seccións, videos, fotos, etc...) dun xeito irreversíbel.
De tódolos xeitos, DDC vai seguir traballando co fin de reestablecer , se é posíbel, a nosa web ao 100 %.
Pedímosvos milleiros de desculpas e ofrecemos aos nosos visitantes o compromiso de facer todo o que estea ao noso alcance para que DDC estea plenamente operativa no menor periodo de tempo.
De novo, desculpas e grazas pola vosa paciencia.
Un saúdo, Carlos Nodar.