Xoves, 18 de Maio de 2006

Imagen
Carlos Mouriño, novo presidente do Celta, fixo a súa chegada á sede de Praza de España contra as oito da tarde para inaugurar un novo ciclo en casa Celta.
Horacio Gómez deixa o Celta 11 anos despois de exercer coma presidente. Na súa andaina como máximo mandatario do clube, o Celta acadou os seus maiores éxitos deportivos da historia. Colleu un clube cun pé na segunda B por unha ameaza de descenso administrativo, e pouco despois clasificouse para a UEFA tras case tres décadas de ausencia.
Horacio deixa ao Celta cunha débeda das máis baixas da primeira división e co equipo clasificado para xogar de novo competición europea.
Podemos falar de FonteCelta, de Regina Viarum, das viñas, do PP, pero coido que hoxe toca falar de éxitos, e iso, a Horacio, non se lle pode negar. Mágoa que non cumprise o seu soño de conseguir un novo estadio para Vigo e para o Celta.
Así a todo, Horacio, Grazas.
Esperemos que nos deixes a Mouriño ben ensinado.

Publicado por Desconocido @ 22:19  | Detrás do Celta
Comentarios (1)  | Enviar
Comentarios
Publicado por Convidado
Martes, 13 de Xuño de 2006 | 22:39
Hola señor Horacio Gómez ¿dejo usted el Celta de Vigo para controlar mejor a sus obreros/as de Viñedos Vilachan?
No estaran suficiente controlados por su sobrino.
Yo creo que ya les llega 11 HORAS CON UNA MOCHILA DE SULFATO (de 16 kilos) que pobres poco e poco van kedando menos (pobres tienen ke cojer una baja) ¿por que sera?
No sera que con las mochilas solo se puede andar 2 horas al dia.
Y despues dice su sobrino que es el primero en seguridad jajaja continuara