Xoves, 11 de Maio de 2006

Imagen

O Celta volve a Europa, e este sábado toca celebralo. Dende as 6 da tarde comezarán os actos en Balaídos.
E despois do partido, a festa trasládase á Praza América onde nos esperará un escenario móvil ao que pouco máis tarde chegarán os xogadores do Celta subidos ao típico autobus descuberto.
Haberá música dance como o ano pasado, pero a presenza de Antón, mítico speaker de Balaídos fainos esperar que poidamos cantar e berrar, non como na celebración do ascenso. De feito está previsto a presenza do grupo A Roda que interpretarán o Himno e máis a Rianxeira. Todo isto con fogos artificiais de fondo.

A festa promete, a ocasión mereceo. Eu non faltarei.


Publicado por Karlinhos @ 2:58  | Detrás do Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios