PODES VER OS GOLES DO REAL - CELTA DENTRO DO ARTIGO
O Celta certificou de xeito matemático a súa clasificación para a vindeira edición da copa da UEFA, tan só dous anos despois da súa derradeira participación en competición continental e cun descenso de categoría no medio.
O empate fronte á Real e a derrota do Corunha fixo que o Celta se despedíse matemáticamente das posibilidades de Champions, pero ao mesmo tempo conseguiu algo impensábel hai un ano, volver a Europa no ano do ascenso.
Hoxe temos que homenaxear ao grupo de futbolistas que fixeron posíbel este éxito, ao seu adestrador, Fernando Vazquez, por facer un traballo incuestionábel durante estes dous últimos anos, e a unha directiva que fixo que o seu Celta sexa o mellor da historia. Unha homenaxe a Félix Carnero, o auténtico artífice deste e doutros Celtas, e ao que pon os cartos, a Horacio.