Martes, 02 de Maio de 2006

Imagen

O mellor equipo do mundo contra a sensación da liga. O aspirante ao Zamora fronte ao aspirante ao Pichichi. A mellor defensa da liga fronte ao mellor ataque. Todos estes alicientes vanse ver as caras este mércores noite no templo do fútbol galego. O Barça pode gañar a Liga en Vigo, fronte a uns 25000 espectadores e máis de 500 xornalistas. Pero o Celta, nun momento de forma e anímico sensacional vai facer todo o posíbel para que os culés non gañen, e achegarse aínda máis se cabe á Champions.
Este mércores, o espectáculo está garantido.


Publicado por Karlinhos @ 13:12  | Detrás do Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios