[...]
O Vindeiro 17 de Maio París será blaugrana. O Barça chega á final da Champions League pola porta grande despois de deixar na cuneta aos mellores equipos de Europa. Onte lle tocou ao Milan, na volta da final anticipada. Os italianos non puideron co Barcelona, nun partido cheo de tensión, nervios, pero sobre todo, fair play.
Só queda un ultimo escollo. Serán os gunners rival para este Barça famento de títulos ???
Eu aposto por Puyol levantando a Copa de Europa.
Mentres, en Madrid, coñecen ao terceiro presidente da temporada.
Absteñome de meter o dedo na ferida.






[...]
1.500 persoas como mínimo, entre elas os enviados especiais de DDC, xa teñen as suas antorchas preparadas para viaxar a Coruña con ánimo de revancha. En Vigo, as gañas de vencer aos veciños do norte son moi grandes, e o optimismo nas filas célticas tamén. Agardamos ver unha festa do fútbol galego, de xeito pacifico, e ogalla con resultado favorábel aos nosos intereses. A Champions pódese pór a tiro vencendo en Turkia e asegurar de xeito virtual a nosa participación na UEFA. Todo isto, chegando do inferno. É que somos así de chulos .....
Gustavo, ímoste vingar !!!!!!





















[...]
A Rianxeira volveu soar en Balaídos. E non era para menos. Despois de catro tempadas (a última foi contra o Sigma Olomuc en UEFA) o Celta vencía por catro cero a un pobre Zaragoza, nun encontro que confirma aos vigueses en postos UEFA e os deixa nunha posición inmellorábel cara ao derbi de Riazor. Na Coruña xa están tremendo
.
-------> PODES VER OS GOLES DENTRO
[...]
Xa que non temos fotos novas, ímos tirar de repertorio e sacamos á luz estas fotos cedidas por Rebe de Ortigueira ... que envexa me dades perras ....
[...]
Dende que Jose Ignacio marcara aquel golazo e lle dera o pase ao Celta á oitavos de final, ningún equipo "español" volveu gañar en San Siro. Onte, o Barça deu un paso de xigante cara París vencendo aos rossoneros nun partido táctico, intelixente, e tamén deslumbrante. Unha xenialidade do mago Ronaldinho culminada de forma contundente por Giuly achegan aos cataláns á final.
A estocada será o mércores que ven no Camp Nou.
[...]
) deixaría ao cuarto clasificado fóra da Liga de Campions.
[...]
O Celta pasou por riba do Atlético de Madrid acadando unha importantísima victoria que o confirma como firme candidato a postos europeos.
Os de Vazquez,que volveron ao dobre pivote, fixeron un plantexamento defensivo que funcionou a perfección. Lequi, de cabeza, inaugurou o marcador. Logo chegou a polémica do penalti, que ao segundo intento foi transformado por Baiano, e xa co tempo cumprido, De Ridder deu a puntilla aos colchoeiros.
Agora, polo Valencia !!
[...]
Casillas evitou que o Barça se levara o segundo clásico do ano, no que os blaugrana fixeron do partido un monólogo onde só faltou de gol.
Roberto Carlos autoexpulsouse, Ronaldinho marcou de penalti e Ronaldo reapareceu como nos seus mellores tempos.
[...]