Mércoles, 19 de Abril de 2006

Imagen

Dende que Jose Ignacio marcara aquel golazo e lle dera o pase ao Celta á oitavos de final, ningún equipo "español" volveu gañar en San Siro. Onte, o Barça deu un paso de xigante cara París vencendo aos rossoneros nun partido táctico, intelixente, e tamén deslumbrante. Unha xenialidade do mago Ronaldinho culminada de forma contundente por Giuly achegan aos cataláns á final.
A estocada será o mércores que ven no Camp Nou.



Crónica Sport

Eran unhas semifinais da Champions League e ningún dos dous adestradores atreveuse con inventos. Os dous equipos saíron con, probablemente, o mellor que podían, en especial no caso dun Barça con baixas importantes e xogadores aínda en fase de recuperación.

O Milan saíu con moita forza. Parecían os milanistas decididos a abrir o marcador canto antes. O Barça, pola súa banda, intentaba durmir o xogo, consciente que a medida que pasasen os minutos, se o Milan non marcaba, o reloxo xogaría ao seu favor. Así as cousas, tívose que esperar ao minuto 14 para ver a primeira ocasión de gol. Foi moi clara e a favor do Milan, cun disparo de Gilardino que se estrelou no poste. E só un minuto despois, Valdés detivo ben un disparo de Shevchenko.

A partir de aquí, o Barça reaccionou. Cun Iniesta inmenso, o equipo empezaba a achegarse á portería de Dida, pero botaba en falta ao mellor Ronaldinho e ao mellor Eto'ou, dous homes pouco inspirados. De todas as maneiras foi Eto'ou (22') quen fixo o primeiro disparo do Barcelona entre os tres paus. A partir de aquí, máis ocasións para os barcelonistas. Giuly non puido chegar por pouco a un gran pase de Iniesta (29'), o francés disparou e parou Dida (37') e Eto'ou (45') mandou ás nubes un disparo desde fóra do área. Polo Milan, pola contra, só destacou unha falta lanzada por Pirlo (35') que mandou o balón fóra por pouco. Co 0-0 inicial chegouse ao descanso.

O segundo tempo empezou de xeito moi parecido ao primeiro. O Milan saíu con forza e cun Stam que se 'esquecía' de Ronaldinho e subía con moita frecuencia ao ataque. No minuto 5, os locais tiveron unha boa ocasión nunha combinación Shevchenko-Kaká e disparo final de Gilardino que, increiblemente, saíu fóra por pouco.

Parecía que o Barça pasaríao moi mal pero entón apareceu Ronaldinho. No minuto 11, deulle un gran pase a Giuly quen, cun extraordinario disparo coa esquerda, bateu a Dida. Un golazo que supoñía o 0-1. O gol deu moita confianza a Giuly... e a Ronaldinho. E o brasileiro, no minuto 18, puido facer o 0-2, pero o seu disparo estrelouse no poste. O Milan estaba tocado e Andrés Iniesta (20') obrigou a Dida a facer unha boa parada.

Co paso dos minutos, o Milan quería pero non podía. E o Barcelona ameazaba co 0-2. Empezaron os cambios nos dous equipos e non parecía que o que entraba no Milan fose mellor que o que saía. Pero, precisamente un dos 'novos', Ambrosini, tivo unha gran ocasión no minuto 35 cun remate franco, pero o balón saíu fóra por pouco.

Así se entrou nos últimos minutos. O resultado era excelente para o Barça que, ademais, non pasaba moitos problemas para controlar ao Milan. Ronaldinho mandou fóra por pouco unha falta directa. Á saída dun córner, un remate de cabeza de Maldini permitiu a Valdés facer unha espectacular parada. E así ata o final, cuns últimos dous minutos que foron un espectacular roldo dos barcelonistas.

En definitiva, excelente resultado do Barcelona nun partido xogado de manresa moi seria. Quizá faltou algo máis de inspiración en homes como Eto'ou, pero tampouco se pode pedir máis. Calquera habería firmadoe ste 0-1 antes de empezar...

FC Barcelona: Valdés; Oleguer (Motta, 74'), Puyol, Márquez, Gio; Edmílson, Iniesta, Van Bommel; Giuly (Belletti, 69'), Ronaldinho (Maxi, 88') e Eto'ou.

MilanMuchas risasida; Stam (Cafú, 76'), Nesta, Kaladze, Serginho; Seedorf, Pirlo (Maldini, 21'), Gattuso (Ambrosini, 73'); Kaká, Gilardino, Shevchenko.

Arbitro: Alain Sars (Francia). Tarxetas amarelas a Puyol (33'); Oleguer (73'); Nesta (81')

Goles:
0-1, Giuly (56')

Publicado por Karlinhos @ 10:21  | Fútbol
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios