Martes, 07 de Marzo de 2006

Imagen

Despois dun ano no inferno e catorce novas fichaxes, este Celta, a día de hoxe, está a ser o mellor de toda a súa historia, con 4 puntos máis, a estas alturas, que o que se logrou clasificar para a Champions. O mellor recén ascendido da historia, superando ao Albacete de Benito Floro.

Sexamos modestos e sensatos, pero ...¿xq non? disfrutemos. O Celta está imparábel .... RebotadoRebotado



iNFO: FaRo De ViGo

O Celta de Fernando Vázquez ameaza con pulverizar todas as marcas históricas de puntuación nunha tempada insólita para un recentemente ascendido a Primeira División. O equipo de Balaídos igualou o domingo, tralo seu solvente triunfo fronte a Osasuna, o seu mellor rexistro da historia a xornada 26 de Liga, con 45 puntos, unha cifra que só alcanzara na tempada 1998-99, a mellor da súa historia en puntuación e xogo. O conxunto vigués acabou entón o curso con 64 puntos, unha cifra que normalmente garante a participación na Liga de Campións pero que ese ano só lle alcanzou para a UEFA.
Cun equipo moito máis novo que entón, Fernando Vázquez supera por unha ampla marxe de catro puntos o rexistro conseguido por Miguel Anxo Lotina o ano en que o Celta si se clasificou para a primeira competición continental e que a estas alturas da competición sumaba 41 puntos, os mesmos que obtivo con Xavier Irureta na campaña 1998-99 e un menos que na campaña 2001-02, a última de Vítor Fernández.
O equipo máis novo
O conxunto de Fernando Vázquez presume tamén de ser o máis novo da Liga, cunha media de idade que no último partido de Liga apenas superaba os 24 anos (24,18). A presenza de tres sub 21 na aliñación (De Ridder, Silva e Xosé Henrique) contribuíu a baixar a media, aínda que ningún dos futbolistas de campo pasaba ante Osasuna os 25 anos.
Poucos goles
O Celta é tamén un dos equipos menos goleados da competición. Só o Barcelona, primeiro, e o Valencia, segundo, superan aos célticos, que encaixaron 25 tantos, por 21 dos ché e 23 dos agulgrana. Os celestes encaixaron un gol menos que o Real Madrid. O Celta é, ademais, o equipo de Primeira División menos goleado en casa.
Forte en Balaídos
O Celta estase mostrando como un conxunto sumamente solvente en Balaídos, onde só cedeu tres derrotas ata a data (Racing de Santander, Deportivo e Real Madrid), unha situación que non se producía desde as campañas 1997-98 e 1998-99. O equipo vigués é o segundo mellor equipo en casa da Liga, por detrás do omnipotente Barcelona.
Non lle remontan
O Celta é, de novo xunto ao Barcelona, o único equipo de Primeira División ao que non lle remontaron un partido, aínda que os de Vázquez non mostrou, a solvencia dos azulgranas á hora de manexarse co marcador en contra.
O máis renovado
O Celta foi tamén o equipo máis renovado da tempada con catorce novas incorporacións o pasado verán, unha máis que o Real Madrid, que fichou a trece futbolistas. Aínda que gran parte da columna vertebral mantense (Anxo, Serxio Oubiña, Canobbio...) a capacidade de adaptación é asombrosa.
Mellor recentemente ascendido
O Celta é lle mellor recentemente ascendido dos últimos 40 anos superando a marca do Albacete de Bieito Floro na tempada 1991-92.

Publicado por Desconocido @ 12:26  | Detrás do Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios