Iso foi o que deberon pensar Baiano, Ángel e compañía, porque este Celta esta crecido e vai coma un tiro. O Osasuna, "presunta revelación" da temporada, foi unha comparsa nas mans dos vigueses, que sen desenvolver un fútbol espectacular, dominaron sen ningun problema aos navarros.
Artigo DDC: Carlos Nodar.
O Celta comezou o partido enchufado e con gañas, algo non moi habitual nos celestes que adoitan sestear tódolos domingos contra ás cinco da tarde, para logo despertar do letargo e intentar arranxar o percal. Hoxe non, Baiano recontrouse co gol en xogada, e inagurou o marcador nos primeiros minutos do encontro.
Balaídos non sabía se celebrar o gol ou lamentarse de que Baiano marcará tan cedo, porque o partido invitaba a pecharse e darlle o balón ao Osasuna,máis aínda coñecendo a Harry.
E así foi. Pero os navarros non almorzaron ben, e non tiñan moitas gañas de levar o peso do partido. Tiveron algunhas ocasións pero ningunha para incomodar a Zamora (tamén coñecido como Pinto).
Sen moita historia, rematou a primeira metade entre os aplausos dos 16.000 espectadores. Mención aparte é o da asistenza a Balaídos, pero hoxe estou contento e non imos estragar a festa.
Entre tanto, reanudouse o encontro, co mesmo plantexamento inicial. O Celta mellorou aínda máis, sobre todo no aspecto defensivo, onde os vigueses son un auténtico muro infranqueábel. O traballo do Sheriff Lequi e o Beckenbauer Sergio foi moi meritorio.
O Celta tivo algunha ocasión máis sen moita sorte, ata que apareceu Fabian, para dar unha lección de como un pode ter sorte e aínda así marcar un gol con clase. Era o segundo, o Osasuna agonizaba e a Rianxeira comezaba a soar en Fondo.
E para completar un partidiño cheo de emocións, non podía faltar a tangana, que levou ao osasunista Muñoz aos vestiarios antes de tempo.
O partido estaba para ir buscar o terceiro, pero o Celta, coa victoria no peto e o golaverage particular empatado, levantou o pé do acelerador, e non fixo máis sangue dos "rojillos".
Entre tanto, apareceu o heroe local Gustavo López, para amenizar a bancada, e reapareceu Iriney.
En definitiva señores, tres puntiños máis, que como dixo o noso adestrador na rolda de prensa, nos deixan nunha "situación envexábel". Somos quintos, a un puntiño da Champions.
Próxima parada: Montjüic. Lotinator, imos por ti ....