Mércoles, 22 de Febreiro de 2006

Imagen

Xa está aquí a eliminatoria tan esperada, o partido entre probablemente os dous mellores equipos do continente, con un aire revanchista ademais, logo da eliminación do Barça na pasada tempada. Son dous estilos de fútbol totalmente diferentes. O fútbol directo e vertical contra o fútbol posicional de toque e combinación. O contraataque contra o ataque, a mellor defensa contra o mellor ataque, a forza física contra a técnica, a disciplina e a orde contra a #anarquía e o talento. Moitos serían os símiles que poderiamos utilizar en canto ao que un e outro equipo poden ofrecer polo seu estilo de xogo. Parece unha eliminatoria moi aberta que se decidirá probablemente nos últimos minutos do partido de volta, como xa sucedeu a pasada tempada, pero tamén podería suceder que un dos dous equipos ?calquera?, dese un paso moi importante para os cuartos neste primeiro envite.
De entrada, non creo que nos atopemos con un Chelsea que queira matar a eliminatoria no primeiro partido, buscando intimidar con un ataque feroz ao Barça. É máis, non me sorprendería ver un Chelsea especulativo, cuxo principal obxectivo fose non recibir ningún gol, pensando sempre no seu forte potencial como equipo visitante no partido de volta. Tácticamente, pode ser un gran duelo, máis tendo presente a rivalidade creada a pasada tempada e a experiencia acumulada por un e outro técnico na mesma.

O Barça debe sacar provecho da experiencia do pasado ano, para non volver caer nos mesmos erros que puxeron en bandexa a eliminatoria para o conxunto inglés. Non pode volver xogar deixando moitos espazos ás costas dos seus defensas, pois calquera perda de balón en presión dos ingleses pode provocar unha contra con moito perigo. ¿Iso significa renunciar ao estilo de xogo do Barça?. Cada un entenderao como queira, pero o Barça non debe producir o tipo de xogo que máis beneficia ao rival.

O Chelsea destaca por ser un equipo moi compacto, con un gran bloque difícil de bater, sen estrelas rutilantes, con un 4-3-3 que se converte en defensa nun 4-5-1, xa que os extremos atrasan a súa posición cando se repliegan para axudar a defender ao equipo no seu propio terreo de xogo, e saír con a máxima rapidez ao contragolpe unha vez rouba o balón.

O seu principal obxectivo é non facer concesións ao rival. Iso significa que o bloque debe ser defensivamente moi forte e sólido. Son conscientes de que cando non se ten o balón hai que defender con a máxima intensidade e que cando o ten atacan con moita rapidez e verticalidad buscando sorprender ás defensas rivais.

ÁNALISE DE PICHI ALONSO
DIARIO SPORT

Publicado por Karlinhos @ 12:47  | Fútbol
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios