Luns, 20 de Febreiro de 2006

Imagen
730 dias Online. Temos 28 álbums de fotos. Decenas de Videos. Máis de 5.000 visitas ao mes. Máis de 50 enquisas. Centenares de artigos publicados e centos de comentarios.


O 22 de Xaneiro de 2004 por fin conseguía a miña conexión a Internet despois de meses de loita. Tan só unhas semanas despois, nacia DETRASDOCOLEXIO, unha web modesta, sen grandes pretensións, pero chamada a ser un punto de referencia entre nós.
Dende o seu inicio, ata hoxe, DDC viviu un crecemento constante e unha evolución imparábel.

Esta última temporada, dende a estrea da nova imaxe e a actualización case diaria, DDC pasou de presumir de ter 500 visitas ao mes, a ter 5.000 visitas no pasado mes de Xaneiro.
Ademáis de Galiza e España, México, Estados Unidos, Portugal e Brasil son os paises que máis visitan DDC.

O seguimento a series como Lost, ou Padre de Familia, a información acerca das novas consolas, ou as descargas de xogos como Need for Speed, incrementaron dun xeito espectacular a popularidade da web, aupándoa a postos moi elevados en rankings de blogs e buscadores como google.

DDC hoxe conta cun equipo humano de tres persoas que compaxinan as súas actividades coa actualización da web. Ofrecemos 14 seccións diferentes, dende as xa miticas fotos e videos, pasando pola zona de descargas, os foros, as seccións persoais, ou servizos como a programación de TV.

E afrontamos este terceiro ano, con máis gañas que nunca, dispostos a seguir medrando e conseguir que, ademáis de consolidarnos entre nós, sexamos máis populares e queridos na web. Coa vosa axuda ímolo conseguir.

GRAZAS A TODOS ..... E FELICIDADES !!!



Carlos Nodar.

Publicado por Desconocido @ 11:32  | DDC
Comentarios (1)  | Enviar
Comentarios
Publicado por Convidado
Luns, 20 de Febreiro de 2006 | 15:34
Grandeeeeeeeeeeeeeeeeeeee DDC!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Leva dous anos entre nos e esperemos q dure polo menos outro lustro máis q é moi importante pra nos.

Gracias Karlinhos, es moi grande!!!!!! Rebotado