RC CELTA 1 - 2 R MADRID
Unha impresentábel arbitraxe e a mala sorte fixeron que o ¿"super-renovado"? Madrid de Lopez Caro, levásese o partido en dúas xogadas ante o mellor do Celta destes últimos anos.
Nada que reprochar aos xogadores, un 10.
Un regalito de Teixeira Vitienes permitiu ao Real Madrid sumar tres puntos moi valiosos. Os merengues seguen sen coñecer a derrota no 2006, pero o de onte á noite en Balaídos foi, simplemente, vergonzoso. Cando o Madrid dominaba no marcador por 1-2, mediado o segundo tempo, o árbitro lavouse as mans ao non sinalar nada de nada nun ?gol pantasma? dos locais. Bo, pódese falar de ?gol pantasma?... ou de golazo como a copa dun piñeiro. Silva largou un zapatazo tremendo sobre o portal de Casillas, o esférico deu no poste e rebotó na man do meta
branco, que estaba claramente dentro da súa portería... e o colegiado non se decatou ou non quixo decatarse.
Así gañou o Real Madrid, un equipo que leva toda a tempada denunciando un suposto complot en contra dos intereses da casa branca. Despois do episodio de onte á noite, é de supoñer que máis dun optará por pechar o pico. A gran farsa que apunta a que os trencillas están en contra do Madrid non é mais que iso: unha gran e estúpida farsa.
O primeiro tempo foi moi intenso, cun Celta que saíu en tromba sobre o portal de Casillas e que desperdició ocasións moi claras de gol. O equipo de López Caro pasouno mal no primeiro cuarto de hora, que foi de pleno dominio local. Os homes de Fernando Vázquez dominaban con claridade a un Madrid agazapado, que tiña problemas para manter a compostura en defensa. Canobbio estivo a piques de adiantar ao Celta, pero o seu remate saíu desviado, por moi poquito. E tirouse dos pelos a afección de Balaídos cando Silva quedouse completamente só ante Casillas e, con todo ao seu favor para marcar, permitiu que o arquero capitalino abortara o perigo. E cando peor o pasaba o Madrid, apareceu Robinho para cravar o 0-1. Coa lei do mínimo esforzo e coa sorte como gran aliada, ao cadro visitante puxéronselle ben as cousas. Javi Guerreiro, por dúas veces, puido lograr o empate, pero en ambos casos topou coas mans dun providencial Casillas. A falta de moi pouco para o descanso, un centro de Angel foi aproveitado por Lequi para lograr o empate. A imaxe do Real Madrid non era, precisamente, como para ir por aí sacando peito.
¡Así, así gaña o Madrid!
Na reanudación, o Celta pareceu baixar a garda por momentos. E o Madrid aproveitouno para marcar de novo. Cicinho logrou o seu primeiro gol como madridista ao culminar unha contra. Moi felices prometíallas o equipo de López Caro, que posiblemente nin se imaxinaba que, ata o último suspiro, tocaríalle suar tinta chinesa. O Celta perdoou en innumerables ocasións de gol. E cando acertou, o árbitro encargouse de chafar as ilusións do equipo de Fernando Vázquez.
O adestrador celeste estaba nervioso e poderosas razóns había para que o seu malestar fose enorme. O Celta perdoou muchísimo e chocou cun árbitro cuxa actuación foi nefasta. E é que, á marxe do gol celtiña que debeu subir ao marcador, o Madrid gozou dunha bula escandalosa. Os berros de ¡así gaña o Madrid? e ¡mans arriba, isto é un atraco! fóra un unha constante...
SPORT