Xoves, 19 de Xaneiro de 2006
O presunto asasino confesou o crime e levou á policía ao lugar no que supuestamente enterrou a Águeda González.


A Policía confirmou esta tarde que a moza, Águeda González Portela de 21 anos, que levaba sete días desaparecida , foi asasinada. Ao parecer, tras realizar un rastrexo nas últimas chamadas do teléfono móbil da moza, a policía deu cun sospeitoso que acabou confesando o crime e levando á Policía ao lugar no que enterrara ao corpo. O presunto asasino é un veciño de parroquia da vítima.

A Policía atópase no lugar indicado polo sospeitoso, duns 30 anos, para atopar o cadáver.

Cando se cumprían sete días da desaparición en Baiona de Águeda, hoxe paralizáronse os rastreos e batidas polos montes.

A Protección Civil de Nigrán e da Garda Civil de Pontevedra sinalaron que o cansazo das últimas xornadas, sen atopar ningunha pista nesta estraña desaparición, e unha menor afluencia de voluntarios de Protección Civil foron os motivos para pospoñer as tarefas de procura ata o fin de semana.

Desde que comezaron os rastreos, preto de cen persoas estiveron percorrendo diariamente todos os montes desde Tui a Vigo, incluídas batidas por casas e leiras abandonadas. Ata nos últimos días estábanse revisando xa montes por segunda vez.


--- www.lavozdegalicia.es ---
Publicado por Karlinhos @ 0:09  | DDC
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios