CONSELLOS PARA MANTER O PC LIMPO DE AMEAZAS
La voz de Galicia
Cada vez resulta máis difícil navegar de forma segura. Ante a multiplicación de ameazas -virus, spam, software espía, etcétera- na Rede, protexerse resulta indispensable. Aínda que ninguén está a salvo de perigos, situar unhas cantas barreiras é bastante sinxelo, tan só hai que instalar uns cantos programas e ter certa prudencia á hora de zambullirse nas procelosas augas do ciberespacio.
Virus
-Para facer fronte aos gusanos, troyanos e demais «bichos» que pululan pola Rede resulta case obligatorio ter un programa antivirus. Pero non chega con telo instalado, hai que dispoñer dunha suscripción en liña para actualizar continuamente as bases de virus. Así o programa poderá facer fronte ás novas ameazas que xorden cada día. De todos os xeitos, pódese previr a entrada de infeccións. Hai que desconfiar sempre de calquera correo de alguén descoñecido. E tamén dos de coñecidos que teñan dobres extensións, textos sen vir a conto, que sexan escritos en inglés... Os antivirus máis famosos son Panda, Norton e McAffe.
Fiestras emerxentes
-A navegación vólvese molesta ou, ás veces, imposible cando ao visitar unha páxina saltan varias fiestras emerxentes (pop-up) non solicitadas polo usuario. Moitas destas fiestras preséntanse con fins publicitarios, pero outras buscan que o usuario pinche involuntariamente sobre elas para instalar software espía. Poden ser perigosas. Para combater esta praga pódense descargar da Rede os chamados popup killers (mata fiestras emerxentes). Google e Yahoo ofrécenos incluídos nas súas barras de navegación.
Programas espía
-Os programas espía son aplicacións que se dedican a recopilar información do sistema para logo enviala a través de internet. Adoitan ser invitados non desexados. Normalmente penetran no pecé sen que o advirta o usuario, enmascarados en autorizacións para instalar outros programas. Son moi perigosos, porque algúns poden acceder a información persoal do usuario (nome, dirección de correo electrónico...) ou ata a datos fundamentais como contas de usuario e contraseñas. Un dos mellores programas para combater o spyware, é o Spybot-Search and Destroy.
Secuestro do navegador
-Os programas espía máis intrusivos cambian a páxina de inicio do navegador por outra da súa elección. Xa sexa unha páxina en branco, erótica, publicitaria ou de contido dubidoso, non hai volta atrás. Non se pode cambiar a través das opcións do navegador. A páxina foi secuestrada. Hai que instalar outro programa, por exemplo o Antisecuestro V.1.0 da Asociación de Internautas, para subsanar o problema.
Ataques do exterior
-Un cortalumes ou firewall é un programa que restringe as conexións TCP/IP que pode iniciar ou recibir un ordenador conectado á Rede. Comproba que programas son os que acceden ou reciben conexións de internet. Así pode evitar que programas espía ou troyanos poidan enviar información sen o consentimento do usuario ou protexer a información vital do pecé fronte a miradas indiscretas do ciberespacio. Aínda que hai moitos programas na Rede a disposicón do usuario, Zone Alarm é un dos máis reputados.
Buracos de seguridade
-O labor dos cortalumes pode verse empañada polos navegadores. No seu código fonte descóbrense cada certo tempo «buracos» polos que poden coarse agresións externas. Por iso hai que estar atentos ás actualizaciones que ofrecen desde as súas páxinas web os fabricantes destes programas. Nos últimos meses cobrou protagonismo o navegador Firefox, creado pola comunidade de código libre Mozilla, e moito máis seguro (aínda que non é perfecto) que o Internet Explorer de Microsoft.
Correo lixo
-Fronte ao spam non hai milagres. A prudencia é o arma máis potente da que dispón o internauta. Hai varios proveedores de correo que ofrecen ferramentas anti correo lixo, pero nunca está de máis ter varias contas especializadas: unha para correo persoal, outra para comprar, unha máis para registros... De todos os xeitos, será moi difícil que algunha das contas non sufran a praga. -