Xoves, 05 de Xaneiro de 2006
CELTA 1 - 1 BETIS

O Celta complícase a súa clasificación para os cuartos de final da Copa do Rei, despois dun desafortunado empate a un fronte a un equipo bético, que de novo, demostrou as súas carenzas en Balaídos.
O partido foi cómodo, pero non brillante, onde o Celta dominou aos verdibrancos en moitas partes do partido. Os vigueses, cun equipo plagado de suplentes, souberon marcar o ritmo preciso, e crear certas oportunidades, todos da man de Perera, moi activo durante a primeira parte do choque.
Pero o gol tivo que chegar nun puntilloso Penalti que Perera se encargaría de transformar mediada a primeira metade.

O mediático Megía Davila, volveuna montar, cunha actuación moi pobre e polémica. Ademáis do dubidoso penalti, encargouse de expulsar no primeiro cuarto de hora da 2ºparte ao lateral céltico Jose Enrique por unha falta sobre o sempre desquiciante Dani. A partir de ahí o Celta intentou aguantar apuntalado pola entrada de Contreras, e intentouse estirar sen éxito coa entrada de Gustavo(¡xfin!) e Silva. Pouco puideron facer os extremos no tempo que estiveron no campo, só presenciar o infortunio de Lequi, que dun centro inofensivo, sacou un espectacular remate de cabeza á escuadra ... de Estebán.

O Celta viaxará a Sevilla para intentar solucionar este esbarón. Esta complicado...pero non imposíbel.


Carlos Nodar
Publicado por Karlinhos @ 13:11  | Detrás do Celta
Comentarios (1)  | Enviar
Comentarios
Publicado por groucho77
Xoves, 05 de Xaneiro de 2006 | 18:28
Moi interesante este espacio adicado ó celta. Eu teño algo similar por se algún dia lle queres botar unha ollada

http://www.fotolog.com/celta_vigo