Martes, 13 de Decembro de 2005
Imagen

¿Xogará Gustavo López? ¿Será convocado? É a grande interrogante desta semana de derbi.

-Chegou esa data
-É o partido agardado, importante tralo sucedido un ano e pico atrás. É unha semana diferente por todo o q se vive.
-¿Seguen na súa cabeza o 0-5 e o 3-0 de Riazor?
-Seguro. Foi un ano de malas lembranzas. Co tempo que levo aquí, síntome un antideportivista. Cada vez doe máis unha derrota fronte ese equipo.
-Noventa minutos de " a Segunda, a Segunda".¿É a experiencia máis dolorosa que viviu?
-Non só pola derrota, senón polo que significaba. É algo dificil de explicar con palabras e máis no meu caso, ao sentirme tan identificado con Vigo. Por iso te sintes antideportivista.
É imposíbel sacalo da cabeza.
-¿Gañar pecharía o trauma?
-En parte. Cousas coma esa ou a final da Copa son díficiles de esquecer tan rápido. Estamos igualados e sería importante gañas.
-¿Pódese dicir que Gustavo é o "home derbi" do Celta igual que Scaloni para o Dépor?
-Son moitos partidos contra eles e tiven a sorte de facerlles goles. Teñen iso na miña contra. Débome ao Celta e estou orgulloso. Ogalla poidamos brindar unha victoria a afección.
-¿Quedar fóra da convocatoria sería doloroso?
-Sempre o é. Pero un non pode facer nada. O adestrador manda, buscando o mellor para o equipo, e o xogador debe actar as ordes. Sempre fun respectuoso. Intento darlle a volta con humildade e traballo
-O Celta chega por debaixo tras estar moitas xornadas por diante.
-É unha mágoa. Sería beneficiosos estar sempre por diante deles. Máis aló diso, nun derbi non se ve a clasificación, goles ou como xoga cada un. É o partido da tempada.
-Tamén é o rencontro coa afección tralo vivido diante do Betis ¿ Hai que deixalo ao marxe?
- Eu estou agradecido á xente. Pero vinme metido en algo do que non tiña culpa. Saín quecer e nada máis. Debo agradecer ese apoio e agardo darlles unha alegría.
- Un Depor ao Caparrós. Será un partido tenso.
-Seguro. Pero o máis importante é como estemos nós. Manexar os tempos e ritmos do partido é o esencial nun derbi.



Entrevista: Faro
Traducido: Carlos Nodar Rebotado
Publicado por Karlinhos @ 10:24  | Detrás do Celta
Comentarios (2)  | Enviar
Comentarios
Publicado por Convidado
Mércoles, 15 de Marzo de 2006 | 11:45
JAJAJAJAJAJ MUY BIEN CAMPEON PERO 0-3 xD
Publicado por Convidado
Luns, 01 de Maio de 2006 | 15:14
payasosssssssssssss!!!!!!!!

FORZA DEPOR!