ZARAGOZA 1 - 0 RC CELTA
Senón fora por un inconmesurábel Pinto, o Celta podería saír da Romareda goleado no día de onte. Un partido malo do Celta na primeira parte, e desastroso na segunda, que volve a evidenciar as mesmas carencias deste equipo, que cada día que pasa, vólvese máis previsíbel.
O Celta saíu a aguantar o empate díante dun rival afundido e cunha afección moi nerviosa, pero como adoita pasar nestes casos, cando se xogo a empatar, acábase perdendo.
O celta saíu totalmente perdido de inicio, cedendo a balón ao zaragoza, que tampouco tiña as ideas moi claras. Foi unha páxara que foi desaparecendo a medida que os pivotes íanse entonando. Os vigueses tamén tiveron as súas oportunidades no pe de Baiano, que realizou algunhas xogadas de perigo.
Dando á razón ás criticas, o Celta presentou un baixón de xogo notábel na segunda metade. O equipo, físicamente estaba morto, sobre todo de medio campo cara adiante, onde Nuñez e Silva non crearon case ningún perigo. Con Gustavo na casa, e Contreras, Jorge e Roberto quecendo, o panorama pintaba moi mal.
En ningún momento se lle pasou pola cabeza ao profesor Vazquez ir polo partido. E iso se acaba pagando. Pinto fixo un partido espectácular, pero non pode parar todo, e ao final o Zaragoza acabou marcando.
Isto foi no minuto 30, pero ata o 38 non se lle acendeu a bombilla ao de Castrofeito e non moveu o banco.
A súa solución foi facer 3 cambios de golpe a 7 minutos para o final. Entraron Guerrero, Contreras e Jorge. Sen comentarios.
E así acabou a historia deste encontro, que nos deixa por primeira vez na temporada fóra de Europa, e co Dépor por diante, xusto a 6 días do derbi.
Artigo: Carlos Nodar