Artigo de Axencias.
O plantel do Celta de Vigo expresou o seu respaldo ao seu compañeiro, Giovanella, despois de que o Xulgado Central do contencioso-administrativo de Madrid acordara o martes denegar a suspensión cautelar da sanción de dosu anos por dopaxe que lle impuxo o Comité de Competición.
Nun comunicado lido polo seu capitán, Pinto, o plantel céltico pediu que, mentres non exista unha resolución definitiva sobre o seu caso, Giovanella continúe desenvolvendo o seu traballo como futbolísta. <
Giova é inocente e mentres non exista unha sentencia firme non se lle pode privar do seu traballo>>, dícia a nota.
Ademáis, os xogadores do Celta esixiron que a <
> para todos. << Non estamos dispostos a tolerar que se vulnere o dereito fundamental ao traballo de Giovanell. A plantilla irá tomando as medidas que crea conveniente en apoio de Giova>>, conclúe o comunicado.
O <> de España
Pola súa banda, o propio Giovanella pediu celeridade nos prazos. << O único que pido, se é posíbel, é que se faga o que se ten que facer rápido porque por detrás está a miña familia e sofre moito por estar tanto tempo sen poder xogar. Pido ao Comité que se decidan as cousas rápido, que isto non se alongue máis>>, dixo.
O brasileiro reiterou que intentará demostrar a súa inocencia, agradeceu o apoio dos seus compañeiros e comparou o seu caso co do xogador do Bilbao Carlos Gurpuegui. << Gurpegui tiña que estar xogando, tal é como o esta facendo porque non hai unha sentencia definitiva e só espero que o meu caso sexa igual. Nunca me sentín tan estranxeiro como agora. Son unha persoa que está aquí e é coma se quixeran que non estivera. Iso é un mal exemplo que dá España a todo o mundo>>, denunciou.
Ao seu xuizo, a dignidade dunha persoa é o primeiro e espera demostrar que está <>. <>, asegurou.
Pola súa banda, o doutor do Celta, Xoán Xosé Crespo, cuestionou a validez do método de detección, que calificou de impreciso, e pediu limpeza na competición, pero tamén nos organismos que velan polo cumplimento das normas.
Everton Giovanella deu positivo por nandrolona no control ao que se lle someteu tralo partido disputado contra o Pontevedra, de Segunda División, o 19 de decembro de 2004. O seu orín presentou uns niveles de nandrolona de 3,7 nanogramos por mililitro, superando en 1,7 o límite permitido, establecido en 2 nanogramos.
Traducido por: Carlos Nodar 