RC CELTA 2 - 1 BETIS
-------------------> DESCARGA OS GOLES
www.celtacampion.com
O Celta agravou un pouco máis a crise do Betis, que trala súa derrota en Balaídos segue sen coñecer a victoria como visitante, e o que aínda é peor,
deixou un moi pobre imaxe ante o conxunto galego, que solventou o partido nunha excelente primeira metade, que permite aos celestes seguir aferrados aos postos europeos.
Antes do minuto 5 do partido Cannobio mandou á rede un balón servido por Placente. 15 minutos máis tarde, o mesmo Placente lle puxo o 2-0 na testa de Baino, que non perdoou.
A segunda metade foi condicionada pola lesión leve de Oubiña, O Betis puido marcar, sempre sacando proveito do balón parado e de Assunçao, pero non puido ante un espectacular Pinto que está no mellor momento de forma da súa carreira.
Certo é que tamén tivemos claras ocasións para facer o terceiro por medio de Nuñez, Baiano e Silva, ambos nun man a man.
Edú, asubiado durante o partido, recortou diferenzas de cabeza, aínda que non celebrou o gol, non vaia ser que para o ano teña que volver a Vigo co Betis xa descendido.
Salientar a cabezoneria de Vazquez ao non aliñar a un aclamado Gustavo López. A afección non parou de corear o seu nome dende que saiu a quecer nos primeiros compases do primeiro periodo, algo que non foi suficiente para que o mister lle permitise xogar alo menos cinco minutos.
Coma sempre, o de sempre. Un partido cómodo en Balaídos, aínda que os 14000 de sempre acabásemos pedindo a hora.
Seguimos en Europa, rapaces !
Carlos Nodar
www.celtacampion.com