Sábado, 03 de Decembro de 2005
RC CELTA - R BETIS. 18.00 Balaídos PPV


Imagen

O Celta precisa dunha victoria para continuar en postos europeos. Hoxe nos visita o Betis, unha fotocopía do peor Celta dos últimos anos. Inmerso na Champions, en postos de descenso, e coa enfermería repleta, o Betis necesita unha victoria de forma urxente para intentar remontar o voo antes de q sexa demasiado tarde.

Fernando Vázquez, que aliñará unha defensa inédita en liga, con Contreras e Lequi, está seguro de que o Betis non vai chegar a Vigo a pecharse no seu área, senón que vai intentar controlar o partido dende o primeiro momento e facer un fútbol de ataque.

Finalmente Ángel poderá participar no encontro.

Todo isto, a partir das seis, en Balaídos. A ver se somos máis de 15000 ......

Carlos Nodar .
Rebotado
Publicado por Karlinhos @ 14:20  | Detrás do Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios