CELTA 2 - 1 ATLÉTICO DE MADRID
Os siareiros vigueses estamos moi afeitos a sufrir. Onte non ía ser menos.
Un Balaídos, coa mellor entrada da temporada, presenciou un choque moi apretado, onde o Celta, a base de maior calidade e , sobre todo, efectividade, impúxose a un Atlético, en franca melloría de xogo, pero non de resultados.
Os de Bianchi comezaron cun ritmo de xogo moi alto, onde o Celta tivo que entregar a pelota, e loitar contra as embestidas madrileñas. Pinto comezaba a quecerse, nun partido onde ía ter moitisimo traballo, e onde se convertíu no verdadeiro protagonista e salvador do Celta. Impresionante o momento de forma do gaditano . Pobre Esteban !!
O Celta estaba afogado no medio do campo, Oubiña e Iriney seguen cansos a pesar do parón da liga, e só podía parar ao Atleti con faltas ao borde da área. Tranquilos, que estaba Pinto.
Pero este Celta ten a Baiano. Sen dúbida, o noso Ronaldo a escala, ou mellor dito, o noso Eto'o a escala, marca as diferencias no ataque. Aguantou cantas envestidas lle viñeron e mareou a toda a defensa colchoeira.
A base de fe, forza, alma e insistencia, marcou un primeiro gol complicado, pero que adiantaba aos vigueses no marcador. Era o premio á insistencia e a tranquilidade do brasileiro.
O Celta controlaría o restante da primeira metade sen demasiados problemas. Ata que na reanudación, Bianchi atopou a forma de motivar aos seus xogadores dabondo como para pór en problemas ao Celta. Pinto de novo, salvador.
Pero se Baiano e o noso Eto'o, Cannobio e o noso Ronaldinho. Que golazo sacou da chistera o uruguaio, nun tiro de falta maxistral que entrou por toda a escuadra. Impresionate.
O Atleti estaba case sentenciado, ata que apareceu Antonio López e marcou un bo gol de corner, no que Pinto non puido facer nada.
Balaídos condeado a sufrir.
E así foi ata o minuto 96. Vazquez renunciou ao balón, meteu a Contreras e a Roberto (por fin debutou en Liga), e aínda que entregaron o xogo, soubemos aguantar sen demasiados agobios, e de novo, grazas a Pinto, as envestidas "rojiblancas".
O Atletico pagou moito as ausencias de Kezman, e de Petrov de inicio, e o Celta, a base de sufrimento e moita, moita calidade, levouse o encontro que nos situa terceiros na táboa.
Xa temos 23 puntos, a metade +1 do que se necesita para a permanencia.
¿Europa??
Carlos Nodar - DDC