R.MADRID 0 - 3 F.C. BARCELONA
.
Sen palabras. Dificil calificar o partido do Bernabeu sen caer en tópicos. Pero realmente un ciclón blaugrana pasou por Madrid deixando destrozos considerábeis na casa branca.
O Barça, confirmou ao grande, o seu excelente momento de forma paseandose diante dun Madrid ramplón e sen alma que non sabe a que xoga.
Rijkaard arriscou e acertou sacando a un incríbel Messi de inicio, que ben puido marcar un tremendo golazo sen non fora por unha xusta posición antiregulamentaria.
O primeiro en comezar a festa foi Samuel Eto'o, quén definitivamente, tenlle tomada a medida a Casillas e ao Madrid.
O resto foi cosa do novo balón de ouro, Ronaldinho, que brilou con luz propia durante todo o partido, marcando dous goles e dando unha verdadeira lección de cómo xogar ao fútbol dun xeito espectacular aos seus rivais.
Un partido para permanecer na memoria durante moito tempo.
Mañá vos conto máis, que agora marcho a Montero Rios .
VISÇA EL BARÇA !!!!