Sábado, 19 de Novembro de 2005
R.MADRID - F.C. BARCELONA 20.00h PPV
Imagen

Redacción DDC.

Poucas horas faltan para que comeze o clásico con máis expectación dos ultimos anos. Galiza, España e media europa paralizaránse hoxe a partir das oito para presenciar un choque que promete algo máis que espectaculo.

O Barcelona, nun momento de forma e xogo pletórico, chega a Madrid preparado para augar a festa ás 80000 persoas que hoxe encheran o Bernabeu ata a bandeira.
Pero o Madrid tamén está preparado. Recuperados Ronaldo, Beckham, e Guti que aínda que con contractura xogará o clásico, os blancos pretenderán facer valer o factor campo, para deter a un imparábel Barcelona, que nos últimos cinco partidos acumulou cinco victorias, con 18 goles a favor e só un en contra. Sen dúbida, uns números que asustan.

Centenares de declaracións cruzáronse ao longo desta semana por parte dos protagonistas, pero sempre dende un ton bastante afable.
O director deportivo do Madrid, Arrigo Sacchi, admitiu esta semana que o Barcelona é o equipo que mellor fútbol xoga de Europa, e que os brancos terán que facer as cousas moi ben se queren gañar ao Barça.

Pola contra, Rijkaard declarou que dicir que o Barcelona ía gañar este partido era unha falta de respecto cara o contrario.
Queda claro que hai moito respecto na actualidade entre ámbolos dous clubes, deixando atrás épocas turbulentas e rivalidades extra deportivas.

----------------------------------- Imagen --------------------------------------------

Outro punto de moito morbo é o enfrontamento entre Robinho e Messi.
As dúas promesas poderían medirse hoxe fronte a fronte, para por fin, poder tirar conclusións definitivas respecto destes dous "cracks".
Pero quizáis teñamos que agardar ata a segunda metade, xa que é máis que probable que o técnico holandés non aliñe a Messi de inicio.


En definitiva, moitos alicientes para esta tarde-noite, coa esperanza, ante todo, de ver un grande espectáculo. Abofé que sí.

Vémonos en Eskalera





Karlinhos Rebotado
Publicado por Karlinhos @ 16:21  | Fútbol
Comentarios (1)  | Enviar
Comentarios
Publicado por Convidado
Luns, 21 de Novembro de 2005 | 3:44
Ole ole y ole al redactor!

FRiki Servers Wrote Guiño