O Atlético de Madrid, rival do Celta o vindeiro domingo en Balaídos, presume de ser un dos equipos máis fortes do campionato a domicilio, pola súa capacidade para facer dano ao contragolpe. É un equipo feito para xogar á contra: unha grande defensa, medio campo combativo e unha tripleta atacantae demoledora: Kezman, Torres e Petrov. Os atacantes colchoeiros destacan pola súa extrema velocidade e a súa pericia para xogar con espazos, algo que o Celta ten que evitar conceder a toda costa.
Os xogadores do Celta teñen un grande respecto polo Atlético e recoñecen o seu potencial, pero amosanse convencidos de que non poden modificar o seu estilo de xogo. Para Ángel, "marcar a Petrov vai supor todo un reto".
De tódolos xeitos, o Celta conta con certa vantaxe, xa que Bianchi non vai contar con todos os seus titulares ata un ou dous dias antes do partido. Torres , Antonio López e Pablo Ibañez volven o venres, ao igual que Kezman.
O venres chegará Petrov e os arxentinos Leo Franco e Maxi Rodriguez.
Bianchi ademáis ten lesionados a Velasco e Cuellar.
FOTO: FARO
Carlos Nodar