19 DE XUÑO. ELECCIÓNS NACIONAIS GALEGAS
Malia repetir ata a saciedade que ía esgotar mandato, Fraga veuse na obriga de adiantar as eleccións galegas por mor das presións chegadas dende Madrid.É unha forma, segundo el, de "descrispar á sociedade". Pola súa banda, o líder nacionalista, Anxo Quintana, amósase contento e seguro perante ao adiante eleitoral. Touriño felicita a Fraga pola decisión.
DDC comeza a campaña e vos ofrece un resumo en imaxes desta última lexislatura de Fraga e do PP.
Afundimento do Prestige | 19-11-2002
A última lexislatura de Fraga será lembrada coma a do Prestige. Un ano despois de revalidar a súa maioria absoluta, o presidente da Xunta vive o "momento máis dramático da súa vida política"
Manifestación de Nunca Máis | 02-12-2002
Santiago acolle a maior manifestación da historia de Galiza. Sucédense as crítica ao seu mandato e á súa xestión da crise.
Demisión de Cuíña | 16-01-2003
Tralo anuncio de que empresas da familia Cuíña venderon material para a limpeza das praias afectadas polo chapapote, o "delfín" (por non chamarlle "golfiño") de Fraga presenta a súa demisión
Victoria nas municipais | 25-05-2003
Malias enquisas e a crise do Prestige, o PP acada bos resultados nas eleccións municipais. Revalida mandato incluso en concellos como Muxía.
Sucesión de Aznar | 07-09-2003
O presidente da Xunta ve coma outro galego, Mariano Rajoy, substitúe a Ansar ao fronte do PP. O seu apoio ao novo candidato é total.
Vicepresidentes | 09-09-2003
Por primeira vez dende que asumiu a presidenza da Xunta, Fraga nomea a dous vicepresidentes. Nuñez Feijoó álzase coa primeira vicepresidencia e
Xosé Manuel Barreiro coa segunda.
Con Zapatero | 14-06-2004
Trala victoria socialista nas estatais, Zapatero recibe a Fraga na Moncloa. Meses despois comezaría unha dura campaña de crítica da Xunta ao goberno polo "incrupimento do Plano Galiza"
Crise con Baltar | 18-09-2004
No 2004 prodúcese unha das grandes crises da lexislatura. O sector da "boina", liderado por Baltar, rebélase contra os do "birrete". Aspiran a ter máis poder.
Desfalecemento | 05-10-2004
Fraga sofre un desmaio mentres pronuncia o seu discurso no Debate sobre o Estado da Autonomía. Entre os presentes saltaron as alarmas, pero ao finalmente quedou en só un susto.