Luns, 14 de Febreiro de 2005
Imagen
Que golazo señores! Minuto 90, 15000 persoas bostezando, Perera salta e ... falta. Ala vai Cannobio, confiado, colle o balón, mira a Roberto, apunta e .... xa estamos en ascenso!!!
Así de xusto e inxusto é as veces o fútbol.
O Celta fixo un deses partidos aos que desgraciadamente estamos acostumados. Xogamos a non-sei-que, aburrimos ao persoal, e ao final, nos encomendamos á calidade que temos na plantilla.
Arrigo Vazquez decantouse de novo polo 4-1-4-1 que tan bo resultado lle deu en Terrasa, e que tantos problemas lle ten dado ao longo da Liga. Oubiña, de novo só no pivote, fixo un partido enorme, pero non foi dabondo para alixerar o xogo no medio campo, moi ben presionado polo Sporting. Polas bandas, discreto partido de Gustavo e Jonhy, que representan moi ben as carencias tácticas deste equipo. Dá a sensación de que non sabemos a que xogar, nin como atacar. Nulas combinacións coa media punta. De feito, en moitas fases do xogo, a única xogada do Celta era o pelotazo arriba. Notábase que Berizzo estaba xogando. Isto incrementouse cando Vazquez rompeu as ás do equipo retirando a un apagado Gustavo e a un discreto Jonhatan.
Resaltar a aportación de Isaac, ao que tiñamos gañas de ver.
Para destacar algo positivo, temos que falar da sólida defensa, encabezada por un Sergio, que semella ser de novo, un central de Champions. Soberbio o asturiano. Esta solidez defensiva fai que Pinto leve 4 xornadas sen encaixar un só gol.
As únicas ocasións sairon das botas de Cannobio. Unha imposíbel bolea do uruguaio, e un tiro cruzado foron as ocasións máis claras do Celta, ademáis dun incomprensíbel fallo de Angel, diante de Roberto e con toda a porta baleira.
Debutou Perera, que estivo pouco asistido, pero ao que se lle ven maneiras. Tamén saiu Vryzas, pero este saltou ao campo a botar a siesta.
Ao final, golazo de Cannobio, o Celta en ascenso, alegría-preocupación nas bancadas, e o Sporting a casa, cos seus 2000 afeccionados e os seus 200 fachas indesexábeis, moitos dos que nin se quera puideron entrar a Balaídos, pola moña que levaban.

A vindeira semana, a Huelva, partido retransmitido por Localia.
Por fin, a defender a nosa praza de ascenso.


Carlos Nodar. Rebotado
Publicado por Karlinhos @ 11:45  | Detrás do Celta
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios