Perera, o novo dianteiro estremeño do Celta, asegurou onte en rolda de prensa que :" vexo ao Celta moi por riba do Mallorca, aínda que un estea en segunda e o outro en primeira", " polo tempo que levo adestrando aquí, vexo moita máis calidade aquí que en Mallorca".
O certo é que non lle falta razón, non hai nada máis que ver a clasificación do Mallorca para decatarse. Coido que iso tamén o poderíamos aplicar a outros conxuntos (léase Numancia, Getafe, ...)
Aínda que o importante aquí é demostralo no mes de Xuño. Non vos imaxinades as gañas que teño de botarme un bo baño na Praza América. E vós ????