Tags: fotolog knh
Somos unha pandilla de wapos. Sabémolo. Pero tampouco podemos abusar, así que aquí vos propoño unha serie de caricaturas de algún de nós para que o resto dos mortais non sintan envexa de nós.
A ver se hai algún ao que non recoñecedes.
E os que non estades aquí, non vos preocupedes, que haberá un segundo post con máis caricaturas

[...]
A todos os que estades aquí, aos que non, aos que visitades DDC e aos que non as coñecedes.
A todos, un Bo Nadal e un Ventureiro 2007.
Que o ano novo sexa, polo menos, tan bo como este 2006.
[...]
Parece mentira. Toda a pandilla berrando animando ao Celta, ou máis ben rajando do Dépor. O que máis berraba era Rouco!!
[...]
Despois dunha longa espera, e de que Microsoft se adiantase co lanzamento do seu IExplorer 7, a fundación Mozilla estrea hoxe, 24 de Outubro, a súa nova versión do explorador que está a facer tambalear o reino de Gates, o Firefox 2.0.
Moitas son as novidades que poderedes atopar no novo navegador. Podédelas consultar dentro deste artigo.
O único aspecto negativo é que o galego aínda brila pola súa ausencia. Non acontece o mesmo co Basco e co Catalán, aínda que coñecendo a capacidade da comunidade Mozilla, pouco tardarán en nos ofrecer o software na nosa lingua. Microsoft aínda non oferta o español co seu novo explorer.
DDC vos ofrece, e só durante esta semana, a posibilidade de descargar o novo explorador Mozilla Firefox 2.0.
Por se fallase o enlace ou a velocidade non fora a axeitada, tamén vos ofrecemos o enlace de descarga dende a súa web.
A que esperades?? Verdadeiramente recomendábel!!
Descarga Firefox 2.0 dende DDC-Detrás do Colexio
Descarga FireFox 2.0 dende Mozilla
[...]